Mentoring persoas autonomas
Impulsa o teu negocio en Galicia: apoio gratuíto e a túa medida
Se traballas pola túa conta e queres que o teu negocio creza ou funcione mellor, este programa da Xunta de Galicia é para ti.
Sabemos que levar un negocio en solitario é un reto. Por iso, ofrecémosche o apoio de persoas expertas con anos de experiencia que che axudarán a ver con claridade a túa situación actual e a tomar as mellores decisións para o futuro da túa actividade
É PARA MIN?
Este programa está deseñado para persoas traballadoras autónomas que:
- Teñan o seu negocio en marcha en calquera punto de Galicia.
- Busquen mellorar a súa organización, vender máis ou poñerse ao día coa tecnoloxía.
- Darase prioridade a quen leve máis de 3 anos e medio (42 meses) coa súa actividade aberta, aínda que todos os autónomos e autónomas poden solicitalo.
QUE VOU A CONSEGUIR?
A través dun acompañamento sinxelo e práctico, durante varios meses terás:
O teu propio "mapa de situación":
10 horas de apoio individual:
Terás reunións individuais cunha persoa profesional que che escoitará e te acompañará para resolver as dúbidas do teu negocio (vendas, redes sociais, gastos, xestión administrativa, etc.).
Aprender de forma útil:
Acceso a charlas sinxelas por internet sobre temas que che serven para o día a día, como o uso da Intelixencia Artificial para aforrar tempo ou como protexer o teu negocio na internet ou como mellorar a calidade das fotografías do teu produto.
Coñecer a xente como ti
COMO EMPEZO?
Participar non ten ningún custo para ti. É un servizo 100% gratuíto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
1
Inscríbete
Enche o formulario desta web (levarache menos de 2 minutos)
2
Falamos
seguintes pasos.
3
Asignámosche unha persoa mentora
Buscaremos á persoa experta que mellor encaixe co que necesitas.
4
Comezamos
Podes escoller reunións en persoa ou por videochamada. Adaptámonos ao teu horario.
QUE ÁREAS PODEMOS TRABALLAR?
O programa é totalmente personalizado. Dependendo da túa situación e os teus obxectivos, deseñaremos un plan de traballo centrado no que o teu negocio necesita para crecer. Entre outras materias, podemos axudarche en:
Estratexia e crecemento
Planificación para que o teu negocio sexa máis sólido, escalable e competitivo.
Internacionalización e novos mercados
Se estás a pensar en vender fóra de Galicia ou queres por exemplo explorar a economía transfronteiriza con Portugal, axudámosche a dar os primeiros pasos.
Finanzas e control
Dixitalización
Marketing e vendas
Mellora da túa marca persoal, posicionamento na internet e novas técnicas para captar clientes.